Sesión: 1, Marzo
Como xa dixen na miña entrada de Dosier, na sesión de hoxe con Carlos Valcárcel falamos sobre a avaliación na aula de linguas estranxeiras. Velaquí un pequeno resumo:
Ao principio da clase, falamos sobre os principios básicos que debería reunir todo o sistema de avaliación:
Logo falamos dos tipos de avaliación. A pesar de que existen varios, nesta sesión o docente centrouse en dous que teñen que ver coa persoa que a realiza e co tempo:
E finalmente, falamos dos criterios de avaliación (teñen que constar na programación) e as ferramentas de avaliación (lista de control, a grade de avaliación e a folla de observación). Como xa vimos, tanto na produción oral como na escrita, as ferramentas de avaliación poden ser as mesmas. Sen embargo, os criterios cambian:
Mentres falabamos na clase sobre a avaliación de diagnóstico, veume á cabeza unha mala experiencia con este tipo de probas iniciais. O ano pasado asistín ao curso de inglés que organiza a UIMP, onde, como xa saberedes, o número máximo de persoas por clase é de cinco estudantes (clases para practicar a produción oral). A pesar de que fan un previo exame online e te clasifican por nivel antes de asistir ao curso, unha vez alí vólvenche repetir unha proba escrita (tipo test) e logo unha pequena proba oral onde as preguntas que se formulan incrementan a súa dificultade. Pois ben, tanto no exame que fixera online como no tipo test obtivera boa nota, sen embargo, parece ser que había unha persoa con mellor inglés, polo que a min me baixaron de nivel para deixarlla miña plaza.
A semana pasaba e eu vía que na nova clase non aprendía moito, xa que cos que estaba tiñan un nivel moito máis inferior. O último día de clase (cando se fai unha avaliación da semana), o coordinador falou comigo e díxome que lle dera a sensación de que non estivera cómoda nas sesións (obviamente sabía que non era polos compañeiros, senón que polo nivel e a frustración que me provocou que me baixaran de nivel). Pero, cal foi a miña sorpresa? Cando recollín o diploma, vin que me certificaran o nivel superior e non no que pasara toda a semana.
Ben certo é que unha proba de avaliación inicial axuda a orientar tanto ao aprendente como ao docente. Sen embargo, creo que nun só día ou simplemente cunha actividade moi curta non se pode dar nada por entendido, xa que, por exemplo, no meu caso, provocou unha frustración enorme que podería traer consigo consecuencias moi negativas (i.e. pensar que non valo para dedicarme ao que toda a vida quixen ser).
E a vós, pasouvos algo parecido? Vístesvos algunha vez nunha situación similar?

Ningún comentario:
Publicar un comentario