sábado, 5 de marzo de 2016

DIARIO 12

Sesión: 3, Marzo

Despois de seis meses de mestrado, ata aquí chegou a nosa andadura da parte teórica. Toca agora enfrontarse á realidade (esa da que tanto nos falaron todos e cada un dos docentes) e de aplicar todo o aprendido. Así mesmo, poño tamén fin (de momento) a este blog. Pero antes, esta entrada estará centrada na miña opinión sobre a última materia que tivemos: Didáctica das Ensinanza das Linguas Estranxeiras.

Por unha parte, tócame dalas grazas aos docentes por compartir con todos nós as súas experiencias e por saber impartir clases tan amenas. Sen dúbida algunha, esta materia servirame de gran axuda na miña nova andadura como futura docente. As ganas que nos transmitistes reflexan á perfección a vosa vocación, feito que espero saber amosarlle ao meu estudantado.

Xa que a reflexión foi pedida polas docentes Ana Fontenla e Mª Luz Valencia, velaquí a miña opinión sobre as vosas sesións:

Primeiramente, dicirvos que oxalá nun futuro teña tantas enerxías e ganas de comerse o mundo da adolescencia como vós. A vosa vitalidade e vocación son dous aspectos importantes que todo docente debería poseer. Grazas a vós, aprendín un montón de actividades e recursos que poderei aplicar co grupo-aula. Sinceramente, creo que a vosa forma de dar clase é estupenda, xa que todo o que facedes, o facedes dende o corazón e sempre pensando no ben do voso estudantado, elemento fundamental do noso ser. A motivación que transmitides e o entusiasmo polo voso campo fan que o alumnado teña outra atitute (totalmente positiva) cara unha das materias máis odiadas entre os teenagers.

Xa que tamén queriades suxerencias e/ou aspectos negativos, só engadir que é unha mágoa o rápido que pasa o tempo. Unha materia tan importante como a vosa debería ter unha duración máis longa, xa que todo foi a correr e obtivemos un montón de información en pouco tempo. Claramente, e como dicides vós, a verdadeira formación está aí fóra, enfrontándose á realidade. Sen embargo, de profesoras tan boas como vós tamén se aprende escoitando.

Algún día espero chegar ao cume da montaña co mesmo éxito ca vós. Noraboa polo voso traballo e dedicación!

1 comentario:

  1. Moitas gracias polo comentario tan agarimoso. Si conseguimos que teñas ganas de enfrontarte á túa profesión con ganas xa está conseguido o obxectivo principal. Ánimo e a por todas!

    ResponderEliminar