A partir de agora, este blog será empregado para unha nova materia que cursarei ata o 3 de marzo: Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Cada entrada que suba irá etiquetada coa palabra 'dosier' ou 'diario', xa que se diferencián dous tipos de actividades:
- As entradas baixo a etiqueta 'dosier' presentarán o resultado final das tarefas realizadas na aula. Todas elas serán descritas e aportarán unha reflexión persoal.
- As entradas baixo a etiqueta 'diario' conterán reflexións ou notas sobre os contidos tratados nas sesións ou sobre outros contidos relacionados co programa que me pareceron interesantes e dos cales aportarei información adicional.
Non vos olvidedes de deixarme comentarios coas vosas opinións.
Que comece a aventura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario