Sesión: 26, Xaneiro
Na primeira sesión, xunto coa explicación de diferentes aspectos relacionados coa materia (obxectivos, metodoloxía, avaliación...), falóusenos da creación dun portfolio. Como xa crearamos os nosos blogs para as dúas materias que cursamos con anterioridade, aproveitaremos a plataforma para reflexionar, mostrar, resumir ou opinar sobre os contidos que traballamos dentro da aula.
Dende a miña opinión persoal, creo que o feito de avaliar a través do traballo diario é unha moi boa maneira para ofrecer a posibilidade de superar a materia fronte á opción de realizar un exame final con todos os contidos (onde certas circunstancias poden xogar na túa contra). Pero, non só esta é a única opción pola cal este sistema de avaliación me gusta, senón que hai máis. Se pinchades na imaxe, podedes ver un Padlet con máis razóns para considerar o emprego do blog como unha boa práctica educativa.
Que opinades? Que vantaxes credes que se poderían engadir?
Ningún comentario:
Publicar un comentario