venres, 5 de febreiro de 2016

DIARIO 3

Sesión : 2, Febreiro

Despois de revisar as diferentes situacións de ensino que nos podemos atopar (educación infantil, secundaria, formación profesional, Escolas Oficiais de Idiomas, ensinanza a persoas maiores ou de castelán como lingua estranxeira), vimos que tamén existen diferentes variables que determinan a metodoloxía que debemos escoller no proceso de ensinanza: as características do alumnado (idade, lingua inicial), do centro (tipo do centro de ensino) e as necesidades e obxectivos que se pretenden acadar. 

CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO

Temos que ter en conta dous factores:
  • IDADE. Aprendemos de forma diferente segundo a idade, xa que existen diversos graos de maturidade, desenvolvemento cognitivo, capacidades de análise, reflexión e formalización. Aquí vos deixo un pequeno resumo sobre as diferentes etapas que existen dende os 0 anos ata que acabamos a primaria:
  • LINGUA INICIAL. Cando ensinamos, cómpre ter en conta certos factores da lingua inicial do alumnado, tales como o tipo de lingua (aglutinante ou analítica), a familia lingüística á que pertence, o conxunto de variedades polas que transita a persoa que aprende (interlingua) e o concepto de erro. Desta maneira, e dende a miña opinión, creo que sabendo esta información in advance, podemos motivar ao alumnado (por exemplo, no caso de que dúas linguas compartan certo vocabulario), coñecer o por que de certos erros que fan ou, simplemente, profundar no que máis lles custa ofrecendolles unhas mellores estratexias de aprendizaxe.
E vós, pensades o mesmo que min?

Ningún comentario:

Publicar un comentario