luns, 15 de febreiro de 2016

DIARIO 4

Sesión: 3, Febreiro

A parte da actividade creada para o Dosier da primeira sesión con Mª Luz Valencia, gustaríame aportar unha pequena reflexión sobre a sesión. Por unha banda, o feito de que fose práctica, fixo que asimilase moito mellor os conceptos. Dende a miña opinión, creo que moitas veces é mellor deixar a teoría de lado e preparar clases amenas e motivadoras, nas que o alumnado se divirta e preste atención. Desta maneira, existirá unha mellor relación entre docente-alumnado e entre o grupo-aula, xa que se favorecerá a creación dun ambiente positivo e a participación do alumnado.

Por outra banda, estou de acordo coa importancia de traballar as competencias en todas as materias. Nós, como futuros docentes de linguas estranxeiras, temos que ter en conta que a comunicación non só se basea no dominio das destrezas (comprensión oral e escrita, expresión oral e escrita, vocabulario), senón que vai máis alá; traballar as CC permite favorecer o desenvolvemento persoal de cada individuo e unha aprendizaxe relacionada.

Por último, gustaríame dicir que non custa nada ser creativos e realizar actividades que divirtan ao alumnado. Dende a miña experiencia, nas clases da maioría dos docentes que tiven ao longo da secundaria, seguíase o libro e explicábase soamente gramática. Sen embargo, eu son das que penso que vale máis esforzarse un pouco e gastar tempo en preparar as clases, xa que o resultado a todo o esforzo valerá a pena.

Ningún comentario:

Publicar un comentario