Sesión: 23, Febreiro
Déixovos aquí un resumo dos contidos que vimos na penúltima clase do docente Carlos Valcárcel sobre as programacións:
Como reflexión, adxúntovos aquí un padlet con aqueles aspectos positivos que, dende o meu punto de vista, fan que as programacións sexan un elemento indispensable na xestión docente:
Como podedes ver, as programacións non só lles proporcionan información esencial aos docentes, senón que tamén serven de guía ao propio alumnado e ás familias, por iso sempre é bo tela accesible nas webs dos centros. Para finalizar, gustaríame compartir con vós unha situación que vivín nun dos cursos académicos do grao e que ten que ver coa mala coordinación entre dous docentes (aspecto que mencionei no padlet): Para unha materia de LE tiña dous docentes que non se levaban ben. Como consecuencia dunha nula coordinación entre ambos os dous, cun deles realizaba actividades dun nivel básico (xa que comezabamos de 0) mentres que coa outra persoa xa revisara todos os tempos verbais desa LE ou incluso aprendera a transcribir foneticamente. Todos os meus compañeiros e eu estabamos un pouco desconcertados. Posiblemente, se existise unha boa relación entre eles, poderiamos aproveitar mellor o tempo. E no caso de non habela, sempre hai que pensar no alumnado (que sofre as consecuencias negativas) e saber separar o persoal do profesional.
Algunha vez vos pasou o mesmo que min? Que opinades sobre os aspectos positivos das programacións? Falta algún?
Ningún comentario:
Publicar un comentario