sábado, 20 de febreiro de 2016

DIARIO 6

Sesión: 17, Febreiro

Como complemento á entrada de Dosier da segunda sesión con Mª Luz Valencia, aquí vos deixo unha pequena reflexión.

A maioría das actividades exemplo que nos amosou a docente descoñecíaas antes da sesión. Este descoñecemento débese, en parte, a escasa práctica de produción oral nas clases de lingua estranxeira ao longo da miña escolarización. Como ben xa mencionei en entradas anteriores, a metodoloxía que seguían os docentes de LE que tiven na etapa secundaria baseábase en seguir o libro de texto (explicación de gramática e realización de exercicios). Noutras palabras, nunca realizamos actividades tan divertidas como o xogo de Taboo ou motivadoras como as de adiviñar unha historia a través dunha imaxe. Sen embargo, grazas á Escola Oficial de Idiomas, puiden por en práctica o meu speaking, xa que normalmente faciamos debates ou o xogo de two truths, one lie.

Sinceramente, é unha mágoa non ter a oportunidade de practicar a produción oral en LE dentro da aula, xa que moitos seguro que non se poden permitir economicamente unhas clases particulares. Ademais, os docentes deberían saber que non fai falta gastar tanto tempo na preparación das sesións para que estas sexan divertidas e motivadoras (proba disto son as actividades mostradas no libro The Minimax Teacher).

Por último, gustaríame añadir aquí un vídeo sobre un tema que mencionamos na clase: as intelixencias múltiples, e que como futuros docentes debemos ter en conta.


Non podemos olvidar que cada persoa é un mundo, por iso é esencial telo en conta para pór en valor ao alumnado recoñecendo as súas particularidades e potenciando as súas calidades.

1 comentario:

  1. É moi importante recordar que, antes de nada, somos profesoras, o de inglés ben despois, polo que temos que atender a moitos temas relacionados coa nosa profesión. O das IMs é básico.

    ResponderEliminar