Sesión: 2, Febreiro
Nesta terceira sesión, dedicada (como xa dixen na miña entrada de Diario) ás variables na situación de ensino, realizamos dúas actividades colaborativas. Sen embargo, a que máis me gustou foi a segunda, por iso quero compartila con vós e aportar a miña reflexión.
A actividade en cuestión consistía en resumir nunha táboa as diferenzas que atopabamos entre young learners e adult learners cando aprenden un idioma estranxeiro. Velaquí as conclusións ás que chegamos todo o grupo-aula:
YOUNG LEARNERS
ADULT LEARNERS
Como se pode observar, é moi importante ter en conta con que rango de idade estamos traballando, xa que variarán en relación a esta. Por exemplo, mentres que as actividades dun young learner deben ser curtas e repetitivas, as dun adult learner deben ser variadas e de gramática (xa que os adultos somos máis analíticos).
A pesar de que nestas infografías só se mostren as diferenzas, existe un factor esencial que, dende a miña opinión, debe aplicarse con ambos grupos: un ambiente socio-afectivo. A creación dunha atmosfera positiva no grupo-aula é vital para que os alumnos se sentan cómodos e, consecuentemente, estean receptivos á aprendizaxe.
E vós, opinades o mesmo? Credes que un ambiente positivo dentro do grupo-aula (relación entre docentes-alumnos e compañeiros) é esencial? Podedes escribir sobre as vosas experiencias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario