Sesión: 18, Febreiro
Esta entrada de Dosier está relacionada coa primeira sesión da docente Ana Fontenla. Despois de ver diferentes actividades que promoven a comprensión oral dentro da aula, tivemos que deseñar unha a partir dun vídeo, audio ou canción que tivera a estrutura idónea para este tipo de actividades: pre-listening, listening e post-listening. Velaquí a miña, pensada para 1º ou 2º ESO:
PRE-LISTENING (15'-20')
Antes de comezar o listening en si, levaranse a cabo dúas pequenas e simples actividades a modo de introdución do tema do audio (jobs and occupations) e que servirán para activar os coñecementos previos do alumnado:
- Por unha banda, a docente pediralle ao alumnado que por turnos vaian mencionando nomes de traballos e ocupacións que sepan (brainstoming). A docente irá escribindo as aportacións do alumnado no encerado.
- Por outra banda, a docente presentaralle ao alumnado unha actividade (sopa de letras) creada na plataforma virtual Educaplay. Cada estudante deberá atopar dez nomes de traballo (oito deles aparecerán no audio).
LISTENING (15')
A docente reproducirá o video (sen ser visto, xa que ten subtítulos) dúas veces (no caso de que fóra necesario unha terceira vez, volveríase reproducir; hai que evitar que o alumnado se desanime ao non entender nada as primeiras veces). A transcripción será entregada ao final da actividade.
A docente reproducirá o video (sen ser visto, xa que ten subtítulos) dúas veces (no caso de que fóra necesario unha terceira vez, volveríase reproducir; hai que evitar que o alumnado se desanime ao non entender nada as primeiras veces). A transcripción será entregada ao final da actividade.
- A primeira vez, o alumnado terá que seleccionar da lista da actividade 1 as profesións que escoita na canción (datos fáciles de extraer). Ver actividade 1 AQUÍ.
- Nunha segunda escoita, levarase a cabo unha actividade máis específica. O alumnado terá que completar os ocos baleiros da cancións coas palabras que escoiten. Ver actividade 2 AQUÍ.
POST-LISTENING (15')
Para rematar , levarase a cabo unha actividade de post-listening dentro da aula e outra fóra.
- AULA: A docente e o grupo-aula xogarán ao Taboo. Nun primeiro momento, a docente será a que explique os primeiros termos e o alumnado terá que adiviñar de que profesión se trata (input da profesora). Conforme avance a actividade, o alumnado terá tamén a súa oportunidade para ser o encargado de definir (input doutro estudante). Ver tarxetas do Taboo AQUÍ.
- CASA: Ao final da clase, a docente entregará a cada estudante unha imaxe con persoas que representan diferentes profesións (ver AQUÍ). O alumnado deberá escribir unha pequena redacción coas vantaxes e desvantaxes de dita ocupación e entregala o próximo día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario