mércores, 24 de febreiro de 2016

DOSIER 8

Sesión: 23, Febreiro

Nesta penúltima sesión do docente Carlos Valcárcel estivemos falando sobre as programacións. Velaquí as actividades colaborativas que realizamos en relación a este tema:

ACTIVIDADE COLABORATIVA: 1

Nesta primeira actividade, que a fixemos en pirámide, tiñamos que facer unha lista individual cos tres aspectos que considerabamos importantes nunha programación (paso 1). Unha vez decidido, tivemos que consensuar en grupos reducidos (paso 2). Finalmente, todo o grupo-aula chegamos a un acordo (paso 3).



A única dificultade que encontramos foi saber se elixiamos os obxectivos e os contidos. Pero unha vez que soubemos que o máis importante son aqueles aspectos que dependen do propio docente, tivemos clara a nosa decisión (obxectivos e contidos veñen dados polos currículos base).

ACTIVIDADE COLABORATIVA: 2

Nesta segunda actividade, tivemos que facer un brainstorming cos docuementos onde podemos buscar a información necesaria para elaborar unha programación didáctica.



A verdade é que sempre está ben facer este tipo de actividades, xa que, para o futuro vainos a servir de axuda cando as teñamos que elaborar.

ACTIVIDADE COLABORATIVA: 3

Para a última actividade, estivemos analizando en grupos de 3-4 persoas unha programación didáctica dun centro educativo galego. No meu grupo escollemos a do IES Valle Inclán, a cal foi moi fácil de seguir grazas a súa estrutura (segue a orde dos elementos que deben aparecer nunha programación - Resolución do 27 de Xullo do 2015). Así mesmo, en comparación a outras que elixiron os meus compañeiros, a do Valle Inclán parece moi completa, xa que fala de todos os apartados. Fai click na imaxe se queres ver unha análise máis detallada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario