Sesión: 17, Febreiro
Esta entrada de Dosier está relacionada coa segunda sesión da docente Mª Luz Valencia. Despois de ver diferentes actividades que promoven a expresión oral dentro da aula, tivemos que deseñar unha a partir dunha foto (persoal ou non) tendo en conta todo o mencionado durante a sesión. Velaquí unha idea pensada para alumnado de 2º ou 3º ESO:
PRIMEIRA PARTE: WARM-UP ACTIVITY (10-15')
Antes de comezar coa actividade en si, faremos un pequeno repaso (brainstorming) sobre o vocabulario relacionado coa roupa (necesario para a seguinte parte).
- Que empregaremos?: O espazo da aula e o encerado
- Como se realizará a actividade?: Aínda que cada alumno conteste individualmente, será un xogo no que participe todo o grupo-aula
- En que consiste?: Cada estudante distribuirase ao longo das paredes (por orden alfabético de apelidos). O primeiro terá que dicir I am wearing... e a prenda de roupa que saiba (i.e. I am wearing a pair of shoes ou I am wearing a scarf). Se acerta, este alumno permanece no seu sitio. Sen embargo, se falla e o seguinte alumno acerta, este segundo pasará a ocupar o lugar do primeiro. Ganará o que máis acertos obteña ao final (quedarán nas tres primeiras posicións). Nota: a docente irá apuntando o léxico que vaian dicindo no encerado
- Cal é o obxectivo?: Repasar o vocabulario da roupa dunha forma máis entretida e motivadora, e fomentar a produción oral en lingua estranxeira
SEGUNDA PARTE: LET'S PAINT AND GUESS (30')
Unha vez revisado o vocabulario relacionado coa roupa, pasaremos a actividade principal.
- Que empregaremos?: Foto, papel e lapis/cores e pantalla dixital
- Como se realizará a actividade?: En parellas e logo todo o grupo-aula
- En que consiste?: A docente daralle a cada individuo dunha parella a metade da foto proposta. A persoa 'A' tenlle que describir o que ve na súa metade á persoa 'B', encargado de debuxar o que escoita nun papel, e viceversa. Na segunda parte da actividade e coa foto enteira amosada na pantalla dixital, todo o grupo-aula intentará adiviñar por que esta foto é especial para a profesora. Para iso empregarán preguntas de yes/no answer e tamén as Wh- Questions.
- Cal é o obxectivo?: Fomentar a produción oral en lingua estranxeira e poñer en práctica a súa imaxinación.
O feito de que a actividade estea relacionada coa docente e sexa real, espertará a curiosidade do estudantado. Desta maneira, todo o mundo participará en adiviñar a historia que se esconde tras esta imaxe. En definitiva, o que se pretende é que o alumnado sexa o protagonista da aula, é dicir, minimizar o input da profesora e aumentar o output do estudantado.
Está moi ben deseñada. Supoño que o nivel sería 1º/2º de ESO, non?Podes utilizala para outros niveis si subes de nivel a actividade de warm-up.
ResponderEliminarIndicara para 2º ou 3º xa que en primeiro (vendo o nivel co que cheguei eu ao instituto) non sería capaz de formar unha frase. Supoño que 2º sería o ideal. Grazas
Eliminar